Dicen que no hablan las plantas, ni las fuentes, ni los pájaros,
ni el onda con sus rumores, ni con su brillo los astros:
lo dicen, pero no es cierto, pues siempre cuando yo paso
de mí murmuran y exclaman: -Ahí va la loca, soñando
con la eterna primavera de la vida y de los campos
y ya bien pronto, bien pronto, tendrá los cabellos canos,
y ve temblando, aterida, que cubre la escarcha el prado.
-Hay canas en mi cabeza, hay en los prados escarcha;
mas yo prosigo soñando, pobre, incurable sonámbula,
con la eterna primavera de la vida que se apaga
y la perenne frescura de los campos y las almas,
aunque los unos se agostan y aunque las otras se abrasan.
Astros y fuentes y flores, no murmuréis de mis sueños;
sin ellos, ¿cómo admiraros, ni cómo vivir sin ellos?
I Vaite, noite, vai fuxindo. Vente, aurora, vente abrindo. Co teu rostro que sorrindo, ¡¡¡á sombra espanta!!!
¡Canta! Paxariño, canta de ponliña en ponla, que o sol se levanta polo monte verde, polo verde monte, alegrando as herbas, ¡alegrando as fontes...!
¡Canta, paxariño alegre, canta!
¡Canta porque o millo medre, canta!
¡Canta porque a luz te escoite, canta!
Canta que fuxéu a noite. Noite escura logo ven e moito dura co seu manto de tristura, con meigallos e temores, agoreira de dolores, agarimo de pesares, cubridora en todo mal.
¡Sal...!
Que a auroriña o ceu colora cuns arbores que namora, cun sembrante de ouro e prata teñidiño de escalrata.
Cuns vestidos de diamante que lle borda o sol amante antre as ondas de cristal.
¡Sal!... Señora en todo mal, que o sol xa brila nas cunchiñas do areal; que a luz do día iste a terra de alegría; que o sol derrete con amor a escarcha fría.
II
Branca aurora ven chegando i ás portiñas vai chamando dos que dormen esperando ¡o teu folgor!... Cor...
de alba hermosa lles estende nos vidriños cariñosa, donde o sol tamén suspende, cando aló no mar se tende, de fogax larada viva, dempóis leve, fuxitiva, triste, vago resprandor.
Cantor dos aires, paxariño alegre, canta, canta porque o millo medre; cantor da aurora, alegre namorado, ás meniñas dille que xa sal o sol dourado.
Que o gaiteiro, ben lavado, ben vestido, ben peitado, da gaitiña acompañado ¡á porta está!... ¡Xa!...
Se espricando que te esprica, repinica, repinica na alborada ben amada das meniñas cantadeiras, bailadoras, rebuldeiras; das velliñas alegriñas; das que saben ben ruar.
¡Arriba todas, rapaciñas do lugar, que o sol i a aurora xa vos vén a dispertar! ¡Arriba! ¡Arriba, toleirona mocidad, que atruxaremos, cantaremos o ala... lá!!!
"A máis grande dificultade que achéi pra escribir esta alborada, foi o meu deseio de que saíse nun todo arregrada á música. Conseguín esto, pro foi a custa da poesía; non podía ser de outro modo, cando se dá cum aire tan estraño e tan difícile da acomodarlle letra algunha." (Nota de Rosalía de Castro)
Adiós, ríos; adios, fontes; adios, regatos pequenos; adios, vista dos meus ollos: non sei cando nos veremos. Miña terra, miña terra, terra donde me eu criei, hortiña que quero tanto, figueiriñas que prantei, prados, ríos, arboredas, pinares que move o vento, paxariños piadores, casiña do meu contento, muíño dos castañares, noites craras de luar, campaniñas trimbadoras, da igrexiña do lugar, amoriñas das silveiras que eu lle daba ó meu amor, camiñiños antre o millo, ¡adios, para sempre adios! ¡Adios groria! ¡Adios contento! ¡Deixo a casa onde nacín, deixo a aldea que conozo por un mundo que non vin! Deixo amigos por estraños, deixo a veiga polo mar, deixo, en fin, canto ben quero... ¡Quen pudera non deixar!... ......................................... Mais son probe e, ¡mal pecado!, a miña terra n'é miña, que hastra lle dan de prestado a beira por que camiña ó que naceu desdichado. Téñovos, pois, que deixar, hortiña que tanto amei, fogueiriña do meu lar, arboriños que prantei, fontiña do cabañar. Adios, adios, que me vou, herbiñas do camposanto, donde meu pai se enterrou, herbiñas que biquei tanto, terriña que nos criou. Adios Virxe da Asunción, branca como un serafín; lévovos no corazón: Pedídelle a Dios por min, miña Virxe da Asunción. Xa se oien lonxe, moi lonxe, as campanas do Pomar; para min, ¡ai!, coitadiño, nunca máis han de tocar. Xa se oien lonxe, máis lonxe Cada balada é un dolor; voume soio, sin arrimo... ¡Miña terra, ¡adios!, ¡adios! ¡Adios tamén, queridiña!... ¡Adios por sempre quizais!... Dígoche este adios chorando desde a beiriña do mar. Non me olvides, queridiña, si morro de soidás... tantas légoas mar adentro... ¡Miña casiña!,¡meu lar!
ADIÓS, RÍOS, ADIOS, FONTES Cantares Galegos, 15 ROSALÍA DE CASTRO
Las piquetas de los gallos cavan buscando la aurora, cuando por el monte oscuro baja Soledad Montoya. Cobre amarillo, su carne, huele a caballo y a sombra. Yunques ahumados sus pechos, gimen canciones redondas. Soledad, ¿por quién preguntas sin compaña y a estas horas? Pregunte por quien pregunte, dime: ¿a ti qué se te importa? Vengo a buscar lo que busco, mi alegría y mi persona. Soledad de mis pesares, caballo que se desboca, al fin encuentra la mar y se lo tragan las olas. No me recuerdes el mar, que la pena negra, brota en las tierras de aceituna bajo el rumor de las hojas. ¡Soledad, qué pena tienes! ¡Qué pena tan lastimosa! Lloras zumo de limón agrio de espera y de boca. ¡Qué pena tan grande! Corro mi casa como una loca, mis dos trenzas por el suelo, de la cocina a la alcoba. ¡Qué pena! Me estoy poniendo de azabache carne y ropa. ¡Ay, mis camisas de hilo! ¡Ay, mis muslos de amapola! Soledad: lava tu cuerpo con agua de las alondras, y deja tu corazón en paz, Soledad Montoya. *
Por abajo canta el río: volante de cielo y hojas. Con flores de calabaza, la nueva luz se corona. ¡Oh pena de los gitanos! Pena limpia y siempre sola. ¡Oh pena de cauce oculto y madrugada remota!
Federico García Lorca, Romancero Gitano, 1928
Negra Sombra, poema de Rosalía de Castro de la obra "Follas Novas" (1880).
Cando penso que te fuches, negra sombra que me asombras, ó pé dos meus cabezales tornas facéndome mofa.
Cando maxino que es ida, no mesmo sol te me amostras, i eres a estrela que brila, i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas, si choran, es ti que choras, i es o marmurio do río i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo, pra min i en min mesma moras, nin me abandonarás nunca, sombra que sempre me asombras.
En castellano:
Cuando pienso que te fuiste, negra sombra que me asombras, al pie de mis cabezales, vuelves haciéndome burla.
Cuando imagino que te has ido, en el mismo sol te me muestras, y eres la estrella que brilla, y eres el viento que sopla.
Si cantan, eres tú que cantas, si lloran, eres tú que lloras, y eres el murmullo del río y eres la noche y eres la aurora.
En todo estás y tú eres todo, para mí y en mí misma moras, no me abandonarás nunca, sombra que siempre me asombras.